FEGAMP
Abadín Abegondo Agolada Alfoz Allariz Ames Amoeiro Antas de Ulla Aranga Arbo Ares Arnoia, A Arteixo Arzúa Avión Bóveda Baña, A Baños de Molgas Baiona Baleira Baltar Bande Baralla Barbadás Barco de Valdeorras, O Barreiros Barro Beade Beariz Becerreá Begonte Bergondo Betanzos Blancos, Os Boborás Boimorto Boiro Bola, A Bolo, O Boqueixón Brión Bueu Burela Cañiza, A Cabana de Bergantiños Cabanas Caldas de Reis Calvos de Randín Camariñas Cambados Cambre Campo Lameiro Cangas Capela, A Carballeda de Avia Carballeda de Valdeorras Carballedo Carballiño, O Carballo Cariño Carnota Carral Cartelle Castrelo de Miño Castrelo do Val Castro Caldelas Castro de Rei Castroverde Catoira Cedeira Cee Celanova Cenlle Cerceda Cerdedo Cerdido Cervantes Cervo Chandrexa de Queixa Chantada Coirós Coles Corcubión Corgo, O Coristanco Cortegada Coruña, A Cospeito Cotobade Covelo Crecente Cualedro Culleredo Cuntis Curtis Dodro Dozón Dumbría Entrimo Esgos Estrada, A Fene Ferrol Fisterra Folgoso do Courel Fonsagrada, A Forcarei Fornelos de Montes Foz Frades Friol Gomesende Gondomar Grove, O Guarda, A Gudiña, A Guitiriz Guntín Illa de Arousa, A Incio, O Irixo, O Irixoa Láncara Lalín Lama, A Laracha, A Larouco Laxe Laza Leiro Lobeira Lobios Lourenzá Lousame Lugo Mañón Maceda Malpica de Bergantiños Manzaneda Marín Maside Mazaricos Meaño Meira Meis Melón Melide Merca, A Mesía Mezquita, A Miño Moaña Moeche Mondariz Mondariz-Balneario Mondoñedo Monfero Monforte de Lemos Montederramo Monterrei Monterroso Moraña Mos Muíños Mugardos Muras Muros Muxía Narón Navia de Suarna Neda Negreira Negueira de Muñiz Neves, As Nigrán Nogais, As Nogueira de Ramuín Noia Oímbra Oia Oleiros Ordes Oroso Ortigueira Ourense Ourol Outeiro de Rei Outes Oza-Cesuras Páramo, O Paderne Paderne de Allariz Padrón Padrenda Palas de Rei Pantón Parada de Sil Paradela Pastoriza, A Pazos de Borbén Pedrafita do Cebreiro Pereiro de Aguiar, O Peroxa, A Petín Piñor Pino, O Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, A Pobra do Caramiñal, A Poio Pol Ponte Caldelas Ponteareas Ponteceso Pontecesures Pontedeume Pontedeva Pontenova, A Pontes, As Pontevedra Porqueira, A Porriño, O Portas Porto do Son Portomarín Punxín Quintela de Leirado Quiroga Rábade Rúa, A Rairiz de Veiga Ramirás Redondela Riós Rianxo Ribadavia Ribadeo Ribadumia Ribas de Sil Ribeira Ribeira de Piquín Riotorto Rodeiro Rois Rosal, O Rubiá Sada Salceda de Caselas Salvaterra de Miño Samos San Amaro San Cibrao das Viñas San Cristovo de Cea San Sadurniño San Xoán de Río Sandiás Santa Comba Santiago de Compostela Santiso Sanxenxo Sarreaus Sarria Saviñao, O Silleda Sober Sobrado Somozas, As Soutomaior Taboada Taboadela Teixeira, A Teo Toén Tomiño Toques Tordoia Touro Trabada Trasmiras Trazo Triacastela Tui Val do Dubra Valadouro, O Valdoviño Valga Vedra Veiga, A Verín Verea Viana do Bolo Vicedo, O Vigo Vila de Cruces Vilaboa Vilagarcía de Arousa Vilalba Vilamarín Vilamartín de Valdeorras Vilanova de Arousa Vilar de Barrio Vilar de Santos Vilardevós Vilariño de Conso Vilarmaior Vilasantar Vimianzo Viveiro Xermade Xinzo de Limia Xove Xunqueira de Ambía Xunqueira de Espadanedo Zas

Novas FEGAMP-Federación Galega de Municipios e Provincias-Galicia-España

Gabinete de comunicación
04-03-2013

A Comisión Executiva da Fegamp aproba as súas alegacións ao anteproxecto de reforma local

As alegacións son un documento de mínimos que reflexan a disconformidade do municipalismo co texto tal e como está exposto neste momento

A Comisión Executiva da Fegamp aprobou na tarde de hoxe, durante a reunión correspondente ao mes de marzo, o documento de alegacións ao Anteproxecto de Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local, co que o Goberno pretende reformar a Lei de Bases de Réxime Local (LBRL). O acordo da Executiva produciuse por unanimidade, e despois de que os grupos políticos xa avanzasen posturas nunha dirección común na reunión dos voceiros celebrada a semana pasada.
Para José Manuel Rey Varela, presidente da Fegamp e alcalde de Ferrol, “é un éxito colectivo do municipalismo galego”, que conseguiu “aparcar ao carón das diferenzas políticas e acordar un documento de mínimos que o único que defende son os intereses do municipalismo galego” e, por extensión, “o de todos os cidadáns”. As alegacións mostran a disconformidade da Federación co anteproxecto, tal e como está redactado nestes momentos.
“Queriamos representar ao municipalismo galego cunha voz única diante da FEMP e do Ministerio”, explicou Rey Varela, “e lográmolo”. O documento “aborda os que cremos que son os asuntos principais en que debe ser mellorado o anteproxecto para que esta reforma da administración local non sexa unha oportunidade perdida”. “As nosas alegacións teñen ánimo construtivo, de evidente mellora e feitas desde a achega”, detalla, “xa que optar por unha emenda á totalidade converteríaas en papel mollado”.
O presidente da Fegamp defenderá as alegacións este mércores en Madrid, con motivo da reunión do Consello Territorial da FEMP, no que se abordará a reforma da LBRL. “As nosas alegacións son coherentes co que viñemos defendendo como Federación desde o primeiro día”, insistiu Rey Varela, “e grazas a esa coherencia alcanzamos este importante consenso entre os tres grandes partidos”. Ao seu xuízo, “deben terse en conta as particularidades de Galicia non só como territorio, senón tamén as competencias que o Estatuto outorga á comunidade en materia de administración local”.

Delimitación competencial

As alegacións céntranse en catro aspectos: a delimitación e concreción das competencias municipais, a racionalización das estruturas administrativas, as iniciativas de intervención e control, e as retribucións dos electos. “Queda claro que os alcaldes galegos teñen máis preocupacións que os seus soldos”, matiza Rey Varela, “e así nolo fixeron chegar á Fegamp a través de numerosos documentos de alegacións e recomendacións”.
No primeiro apartado, a Fegamp reitera, como fixo en todas as súas alegacións presentadas ata o momento, “a necesidade de clarificar e delimitar definitivamente” o rango competencial local, e remítese aos acordos que neste sentido recollía o Pacto Local subscrito coa Xunta en 2006. Así, establece que “todos os concellos deben de ter un mínimo competencial propio, á marxe da súa poboación e as súas características”, xa que “ó contrario sería tanto como admitir a existencia de concellos sen administración”.
Da repartición inicialmente exposta polo Goberno, a Fegamp considera que “deberían manterse dentro do ámbito local os servizos sociais comunitarios”, unha competencia “recoñecida aos concellos por lei autonómica” e na que “a proximidade aos cidadáns é básica para a súa prestación eficaz e eficiente”. Ademais, a Federación pide unha actualización dos artigos 25 e 26 da actual LBRL, así como o mantemento do artigo 28, suprimido no anteproxecto e que é a base do principio de autonomía local consagrado na Constitución e na Carta Europea de Autonomía Local.

Custos axustados a cada autonomía

No relativo á prestación de servizos desde os concellos, a Fegamp non é partidaria de que se establezan custos estándares xeneralizados para analizar a súa eficiencia. No caso de insistirse nesta fórmula, a determinación dos citados custos debería facerse no ámbito autonómico e non estatal, a través dun proceso no que participen comunidade, deputacións e concellos.
Tras rexeitar expresamente “o desapoderamento competencial dos concellos”, a Fegamp mantén que “en ningún caso as Deputacións poderán asumir o exercicio do conxunto de todas as competencias municipais”, e pide redefinir o papel de “asistencia e colaboración” que historicamente tiveron os entes provinciais cos concellos con menos recursos.
No capítulo de mecanismos de intervención, a Fegamp “manifesta a súa rotunda oposición” ao artigo 61 bis do anteproxecto no que se abre a porta á intervención de concellos de menos de 5.000 habitantes por causas de insuficiencia financeira extrema. Igualmente, demándase que os interventores sigan dependendo funcionalmente das entidades locais, “que son ao cabo quen lles retribúen”, e non pasen a ser “axentes ou delegados do Ministerio de Facenda aos gobernos municipais”. 
Por último, no apartado das retribucións, a Fegamp reclama que sexa a FEMP e non o Goberno quen elabore táboas retributivas para os electos municipais. “Como punto de partida, as retribucións poderían homologarse ás existentes para a función pública nas respectivas comunidades autónomas, ponderándose segundo poboación municipal”, establecen as alegacións, sinalando que “en todo caso, todos os alcaldes terán dereito a ser retribuídos sempre que desempeñen os seus labores en réxime de dedicación exclusiva ou parcial”.

Descargas