Rapidez: a tramitación realizase nun curto período de tempo.
Eficacia: resolvese mediante laudo arbitral, sen que faga falta acudir á vía xudicial ordinaria.
Gratuidade: a tramitación é de balde; somentes a practica dalgunhas probas periciais, realizadas a petición de parte, pode supoñer algún pequeno custo.
Voluntariedade: ámbalas dúas partes deciden libremente que sexa o Colexio Arbitral quen resolva os desacordos.
Executividade: o laudo arbitral é de obrigado cumprimento, como se dunha sentencia se tratase.
Vantaxes para os consumidores e usuarios.
* A reclamación verase solucionada nun tempo breve, sen custos, salvo en contadas excepcións.
* A sinxeleza do procedemento evita moitas molestias.
* A decisión que se toma vinculará o establecemento reclamado, o que garante a súa eficacia.
* A composición tripartita do órgano arbitral, coa presencia dun arbitro dunha asociación de consumidores garante a defensa dos dereitos do reclamante.
Vantaxes para os empresarios:
* Poder ostentar un distintivo oficial que acredita a súa adhesión.
* Figurara no censo de empresas adheridas ó sistema.
* Poder transmitir este feito a través da a súa publicidade.
Os consumidores e usuarios poderán formalizar, persoalmente ante calquera Servicio de Consumo ou asociación de consumidores e usuarios a súa solicitude de Arbitraxe de Consumo.
Cando o consumidor solicita a Arbitraxe e o empresario atopase adherido ó sistema ou sometese ó mesmo para a resolución da reclamación plantexada, formalizase o convenio arbitral, designándose os tres árbitros que compondrán o Colexio Arbitral: o Presidente, designado pola Administración e licenciado en dereito, un representante dos consumidores, e outro polos sectores empresariais.
Posteriormente, ten lugar unha vista con suxeición os principios de audiencia, contradicción e igualdade.
Unha vez oídas as alegacións de cada parte e realizadas ou examinadas as probas e peritaxes, se se considera pertinente, dictase unha resolución denominada “laudo”. Este laudo recollese por escrito e notificase ós interesados, sendo executivo e vinculante e tendo consideración de cousa xulgada.
Cando o consumidor ou usuario ve que unha empresa exhibe no seu establecemento ou publicidade o distintivo oficial da Arbitraxe de Consumo adquire a confianza de saber que calquera desacordo que puidese xurdir entre ambos será doadamente resolto.
Cando un empresario se adhire ó Sistema Arbitral de Consumo e exhibe o correspondente distintivo oficial, está a lle ofrecer ós clientes unha garantía engadida ós seus servicios habituais.
O artigo 51 da Constitución Española, que esixe ós poderes públicos que articulen procedementos eficaces que protexan a seguridade, saúde e os lexítimos intereses dos consumidores e usuarios.
O artigo 31 da Lei Xeral para a defensa dos Consumidores e Usurarios (LGDCU), que establece a creación dun Sistema Arbitral , extraxudicial, que permita dun xeito sinxelo, rápido e económico, que os consumidores e usuarios poidan facer vale-los dereitos que a lei lles recoñece.
A lei 36/1988, de 5 de decembro, de Arbitraxe, que na súa Disposición Adicional Primeira dispón que será de aplicación ós arbitraxes a que se refire a Lei Xeral para a Defensa do Consumidor e Usuario.
O Real Decreto 231/2008, de 15 de febreiro, que regula o Sistema Arbitral de Consumo.