FEGAMP
Abadín Abegondo Agolada Alfoz Allariz Ames Amoeiro Antas de Ulla Aranga Arbo Ares Arnoia, A Arteixo Arzúa Avión Bóveda Baña, A Baños de Molgas Baiona Baleira Baltar Bande Baralla Barbadás Barco de Valdeorras, O Barreiros Barro Beade Beariz Becerreá Begonte Bergondo Betanzos Blancos, Os Boborás Boimorto Boiro Bola, A Bolo, O Boqueixón Brión Bueu Burela Cañiza, A Cabana de Bergantiños Cabanas Caldas de Reis Calvos de Randín Camariñas Cambados Cambre Campo Lameiro Cangas Capela, A Carballeda de Avia Carballeda de Valdeorras Carballedo Carballiño, O Carballo Cariño Carnota Carral Cartelle Castrelo de Miño Castrelo do Val Castro Caldelas Castro de Rei Castroverde Catoira Cedeira Cee Celanova Cenlle Cerceda Cerdedo Cerdido Cervantes Cervo Chandrexa de Queixa Chantada Coirós Coles Corcubión Corgo, O Coristanco Cortegada Coruña, A Cospeito Cotobade Covelo Crecente Cualedro Culleredo Cuntis Curtis Dodro Dozón Dumbría Entrimo Esgos Estrada, A Fene Ferrol Fisterra Folgoso do Courel Fonsagrada, A Forcarei Fornelos de Montes Foz Frades Friol Gomesende Gondomar Grove, O Guarda, A Gudiña, A Guitiriz Guntín Illa de Arousa, A Incio, O Irixo, O Irixoa Láncara Lalín Lama, A Laracha, A Larouco Laxe Laza Leiro Lobeira Lobios Lourenzá Lousame Lugo Mañón Maceda Malpica de Bergantiños Manzaneda Marín Maside Mazaricos Meaño Meira Meis Melón Melide Merca, A Mesía Mezquita, A Miño Moaña Moeche Mondariz Mondariz-Balneario Mondoñedo Monfero Monforte de Lemos Montederramo Monterrei Monterroso Moraña Mos Muíños Mugardos Muras Muros Muxía Narón Navia de Suarna Neda Negreira Negueira de Muñiz Neves, As Nigrán Nogais, As Nogueira de Ramuín Noia Oímbra Oia Oleiros Ordes Oroso Ortigueira Ourense Ourol Outeiro de Rei Outes Oza-Cesuras Páramo, O Paderne Paderne de Allariz Padrón Padrenda Palas de Rei Pantón Parada de Sil Paradela Pastoriza, A Pazos de Borbén Pedrafita do Cebreiro Pereiro de Aguiar, O Peroxa, A Petín Piñor Pino, O Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, A Pobra do Caramiñal, A Poio Pol Ponte Caldelas Ponteareas Ponteceso Pontecesures Pontedeume Pontedeva Pontenova, A Pontes, As Pontevedra Porqueira, A Porriño, O Portas Porto do Son Portomarín Punxín Quintela de Leirado Quiroga Rábade Rúa, A Rairiz de Veiga Ramirás Redondela Riós Rianxo Ribadavia Ribadeo Ribadumia Ribas de Sil Ribeira Ribeira de Piquín Riotorto Rodeiro Rois Rosal, O Rubiá Sada Salceda de Caselas Salvaterra de Miño Samos San Amaro San Cibrao das Viñas San Cristovo de Cea San Sadurniño San Xoán de Río Sandiás Santa Comba Santiago de Compostela Santiso Sanxenxo Sarreaus Sarria Saviñao, O Silleda Sober Sobrado Somozas, As Soutomaior Taboada Taboadela Teixeira, A Teo Toén Tomiño Toques Tordoia Touro Trabada Trasmiras Trazo Triacastela Tui Val do Dubra Valadouro, O Valdoviño Valga Vedra Veiga, A Verín Verea Viana do Bolo Vicedo, O Vigo Vila de Cruces Vilaboa Vilagarcía de Arousa Vilalba Vilamarín Vilamartín de Valdeorras Vilanova de Arousa Vilar de Barrio Vilar de Santos Vilardevós Vilariño de Conso Vilarmaior Vilasantar Vimianzo Viveiro Xermade Xinzo de Limia Xove Xunqueira de Ambía Xunqueira de Espadanedo Zas

Historia

Historia da Federación

Historia da Federación

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) é un organismo constituído polos 315 concellos, as catro deputacións provinciais e as nove entidades menores existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
O nacemento da Fegamp, con 17 membros fundadores, data do 7 de outubro de 1988, se ben a asemblea constituínte foi celebrada o 7 de abril de 1989. Nesa asemblea resultou elixido presidente por unanimidade o alcalde de Ponteareas, José Castro, que permaneceu no cargo ata 1992, ano no que foi substituído polo alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, que desempeñaría as funcións de presidente ata 1995.

No seguinte cuatrienio e baixo a presidencia do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, produciuse un feito histórico que marcaría o futuro do municipalismo galego: a fusión das tres entidades que defendían con voz propia e dende diferenciados e lexítimos puntos de vista os postulados da Administración Local galega. Despois de meses de conversas e negociacións, a antiga Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Federación de Concellos Galegos (FCG) e a Federación Galega de Concellos Rurais (FCR) asinaron o 22 de abril de 1996 o denominado Protocolo de Fusión para unificar, baixo as siglas da Fegamp, a defensa dos intereses da Administración Local galega.

Este acto de fusión, celebrado no Parlamento de Galicia coa presenza das máximas autoridades autonómicas, marcou un punto de inflexión cara o recoñecemento institucional da Fegamp como único interlocutor válido diante doutras administracións. Este incipiente protagonismo da federación viuse reforzado co incremento dos afiliados, posto que a progresiva adhesión de tódalas Entidades Locais galegas (315 concellos, catro deputacións provinciais e nove entidades menores) convertíu á Fegamp nun caso paradigmático en toda España da unidade de acción do municipalismo.
 A crecente representatividade institucional foi medrando de xeito paralelo á prestación de novos servizos ós afiliados, facendo necesaria a dispoñibilidade dunhas instalacións axeitadas para desenvolver o traballo cotiá. Deste xeito, a Fegamp adquiríu no ano 1990 a súa primeira sé social en Santiago de Compostela, pero só sete anos máis tarde viuse na obriga de incrementar a superficie dispoñible mediante a compra dun novo local na rúa Varsovia (Área Central). Estas modernas instalacións, de máis de mil metros útiles, supoñen un activo patrimonial importante para a federación ó tempo que permiten dispor dun espazo digno e suficiente para desenvolver a actividade diaria.

A madurez institucional amosada pola Fegamp dende a fusión do ano 1996, mediante a defensa do municipalismo galego dende o diálogo e o espírito de colaboración, posibilitou a consecución de importantes logros para os concellos da nosa Comunidade Autónoma. Así, durante o mandato do alcalde de Ourense, Manuel J. Cabezas Enríquez (1999-2003), a Fegamp conseguíu fixar a participación de tódolos concellos na recadación líquida dos ingresos propios da Xunta de Galicia, reforzando a autonomía das Facendas Locais e posibilitando a consecución de maiores cotas de eficacia na xestión municipal.

O día 4 decembro de 2003, o alcalde de Ourense foi substituído como presidente da Fegamp polo alcalde de Lalín, Xosé Crespo Iglesias, durante a celebración da VI Asemblea Xeral, na que se definiron os obxectivos concretos para o horizonte dos vindeiros catro anos, sendo a máxima aspiración dos concellos galegos para este mandato o peche do denominado Pacto Local.
O funcionamento da Fegamp como entidade defensora dos intereses da Administración Local galega aséntase nos seguintes principios xerais: o fomento e a defensa da autonomía das Entidades Locais; a promoción, representación e defensa dos intereses da Administración Local diante doutras administracións públicas; a promoción e o desenvolvemento da cultura e da lingua galega no ámbito municipal; a reivindicación ante os correspondentes poderes públicos -cando o estime oportuno- de novas cotas competenciais para as Entidades Locais; o fomento da participación cidadá na vida local; o desenvolvemento e a consolidación do espírito europeo no ámbito local, baseado na autonomía e a solidariedade entre os Entes Locais; a defensa xudicial dos intereses da Administración Local -se fose o caso- e as actuacións necesarias diante do Tribunal Constitucional en defensa da autonomía local; e calquera outra acción que afecte ou incida de forma directa ou indirecta nos seus asociados ou na propia federación.