O artigo 51 da Constitución recoñece expresamente que os Poderes Públicos garantizaran a defensa dos consumidores e usuarios , protexendo mediante procedementos eficaces a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos e sociais dos mesmos.
A Comunidade Autónoma de Galicia correspóndelle o fomento e no seu caso, a habilitación e apoio para a creación das oficinas e servicios de información ó consumidor e usuario ( Art. 24 do Estatuto Galego do Consumidor e Usuario).
Este servicio público debe poñerse a disposición de tódolos cidadáns por igual, e posto que as administracións locais son as máis cércanas ó cidadán, considerase prioritario o apoio a todos aqueles concellos de Galicia que na actualidade carecen de OMIC, e que teñen menos de 5.000 habitantes.
Así, ante a imposibilidade que teñen os pequenos e medianos concellos galegos de ter a súa propia oficina de atención ó consumidor, a Federación Galega de Municipios e Provincias ofrece a posibilidade de que tódalas corporacións locais poidan dispoñer deste servicio dende a propia federación dun xeito totalmente gratuíto, tralo asinamento dende o pasado día 16 de outubro de 1.998 do Convenio entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o Instituto Galego de Consumo (I.G.C). para a defensa do consumidor e usuario nos concellos galegos menores de 5.000 habitantes.
A Federación Galega de Municipios e Provincias coa sinatura do presente convenio trata de apoiar economicamente ós concellos, co fin de que poidan dispoñer dun servicio público mínimo en materia de defensa do consumidor e usuario, poñendo a súa infraestructura, recursos materiais e humanos a disposición dos municipios.
Xestión de mediación cando xurde algún problema entre os consumidores e os empresarios. Asesoramento previo á compra dun producto ou á contratación dun servicio, para coñecer os seus dereitos. Información dos dereitos dos consumidores ou usuarios e a mellor vía para solucionar calquera irregularidade en materia de consumo. Facilitarlle direccións de outros centros ou organismos relacionados co consumo. Prezos e condicións dos productos ou servicios de uso común, ordinario ou xeneralizados. Facilitarlle a relación de productos ou servicios que están prohibidos polo seu risco ou perigosidade. Recoller tódalas denuncias ou reclamacións presentadas polos consumidores.
Son consumidores ou usuarios as persoas físicas ou xurídicas que adquiran, utilicen ou disfruten de bens mobles, inmobles, medios, productos ou servicios e actividades, calquera que sexa a natureza, pública ou privada, individual ou colectiva, de quen o produce ou intervén, directa ou indirectamente, na súa comercialización, sempre que o seu destino final sexa para o seu uso persoal , familiar ou colectivo. Non tendo a consideración de consumidores ou usuarios quen sen constituírse en destinatarios finais, adquiran, almacenen, utilicen ou consuman bens ou servicios, co fin de integralos nos procesos de producción, transformación, comercialización ou prestación a terceiros.
Segundo o Estatuto Galego do Consumidor e Usuario temos dereito:
Os Consumidores e Usuarios ante calqueira dúbida, reclamación ou denuncia pódense dirixir a calquera dos seguintes Organismos: