A Escola Galega de Administración Pública, a Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia organizan o presente curso coa intención de favorecer a formación específica dos técnicos da Administración Local, nas materias propias deste ámbito de traballo.
O curso comenzou, coa súa primeira edición, no ano 2007. Orixinalmente, o curso estaba dirixido exclusivamente aos enxeñeiros de camiños e aos alumnos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. Porén, os organizadores do curso, conscientes de que o traballo municipal é interdisciplinar, consideraron conveniente abrir o curso a todo tipo de técnicos, especialmente aos funcionarios con habilitación de carácter nacional, posto que a incorporación de persoal responsable das funcións públicas necesarias e reservadas achegará, sen dúbida, unha nova perspectiva ao xeito de tratar as materias do curso e logrará a interrelación entre todos os axentes do traballo municipal.
1. Obxectivos.
O obxectivo deste curso é dar unha visión actualizada e completa, dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento do traballo no ámbito da Administración local.
Búscase afianzar os coñecementos dos técnicos que xa exercen as súas funcións neste sector, así como presentar de forma estruturada todas as materias que afectan o día a día da Administración local.
2. Contido.
Tema 1. Estrutura organizativa do Estado e papel das entidades locais (municipios e deputacións).
Tema 2. A Lei 7/1985,reguladora das bases do réxime local: competencias e obrigas das entidades locais.
Tema 3. Competencias, funcións e responsabilidades do técnico de obras municipais.
Tema 4. A Lei 30/2007, de contratos de contratos do sector público. O Real decreto lexislativo 2/2000, sobre contratos das administracións públicas.
Tema 5. Responsabilidades patrimoniais das administracións públicas.
Tema 6. Lexislación sobre prevención de riscos laborais: responsabilidades da Administración e dos técnicos municipais.
Tema 7. A Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: procedementos, redacción de informes, participación dos cidadáns, etc.
Tema 8. Lexislacións sectoriais con incidencia nas entidades locais (ordenación, do territorio, estradas, augas, costas, portos, patrimonio, ambiente e espazos protexidos etc.).
Tema 9. A Administración electrónica. Novas tecnoloxías ao servizo da Administración municipal: SIX, cartografía dixital, fotografía aérea, información de satélites etc.
Tema 10. O marco ledal da ordenación do territorio e do urbanismo en Galicia.
Tema 11. Instrumentos de ordenación do territorio de ámbito autonómico: directrices de ordenación do territorio, Plan e ordenáción do litoral.
Tema 12. O plan xeral municipal. Análise técnica e análise administrativa
Tema 13. O desenvolvemento urbanístico. Os plans parciais, plans sectoriais e plans especiais.
Tema 14. Informes urbanísticos do plan xeral municipal e dos plans especiais.
Tema 15. Os proxectos de urbanización.
Tema 16. Os sistemas de xestión urbanística
Tema 17. Os convenios urbanísticos.
Tema 18. As licenzas no ámbito municipal.
Tema 19. A disciplina urbanística.
Tema 20. A avaliación ambiental dos plans.
Tema 21. A sustentabilidade e a protección do ambiente no ámbito das entidades locais.
Tema 22. Coordinación e aspectos prácticos da planificación de infraestructuras e servizos con administración supramunicipais e entidades privadas.
Tema 23. A mobilidade no ámbito da Administración Local.
Tema 24. O procecto das infraestructuras de transporte: estradas urbanas, rúas, ferrocarrís urbanos e metropolitanos, estacións de ferrocarril e autobuses, aparcamentos, intercambiadores etc.
Tema 25. O proxecto dos servizos urbanos municipais: abastecemento, saneamento, luz pública, control de tráfico, enerxía eléctrica, telcomunicacións, distribución de gas, xestión de residuos etc.
Tema 26. Áreas industriais e áreas empresariais.
Tema 27. Os equipamentos e as dotacións públicas.
Tema 28. O proxecto dos espazos libres (prazas, bordos fluviais, litoral, parques etc.).
Tema 29. Lexislación sobre accesibilidade e a súa incidencia na xestión municipal.
Tema 30. A xestión dos servizos municipais e a relación coas concesionarias. Análise desde o punto de vista técnico e desde o punto de vista xurídico.
Tema 31. A xestión do patrimonio e os bens municipais: adquisición, inventariado, cesión, alleamento etc.
Tema 32. Os proxectos de expropiación, asignación do valor do solo e mutuos acordos.
O prazo de inscrición será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
Para inscribirse, as persoas interesadas deberán cubrir a instancia curricular que para eses efectos figurará na páxina web da EGAP, no seguinte enderezo:
http://egap.xunta.es/cursoTecnicoLocal